miércoles, 29 de septiembre de 2021

SIMULACRO, LUNS 04 DE OUTUBRO DE 2021


BO DÍA

- Escoitar a canción de Ola, ola, la.

(Pegamos este enlace en google e xa escoitamos)

https://www.youtube.com/watch?v=1O8iQUM_-p8 

Ao final cantar a canción co nome da nena ou do neno, e despois co nome da persoa adulta.

- Ver o vídeo  dos números do 1 ao 5( pegamos o enlace en google e vémolo)

https://www.youtube.com/watch?v=FkBEPfM4PcQ

-A persoa adulta escribe nun folio o número 1

Xogades na casa a buscar cousas, unha soa (por exemplo: un peluche, unha pelota, un rotulador, unha chaqueta, unha botella, un conto, unha boneca, un coche,...). 

Importante dicir en voz alta o que atopades: "unha pelota",...

- Aseo: lavar as mans, secar, facer un pis e/ou caca ( baixará a nena ou o neno a roupa), sentarase, ao rematar coller papel hixiénico e limparse, tirar da cisterna, subir a braga ou calzón, subir o pantalón). Lavar e secar mans.

- Coller un folio en blanco, e un rotulador e a nena ou o neno debuxará unha cara ( primeiro un círculo, despois os ollos, despois o nariz, despois a boca, despois as dúas orellas- unha a un lado e a outra ao outro, e finalmente o pelo encima da cabeza). 

- Xogar libremente ao que elixa.

- Merendar. ( Podedes xogar a que está no cole e ten que sacar todo da mochila e colocalo encima da mesa e a comer, que aproveite!!!. Hai que comer sentada ou sentado. Ao rematar recoller todo.

- Xogar: a persoa adulta di unha parte do corpo e o neno ou a nena sinala no seu corpo esa parte.

- Debuxamos o contorno da súa man, cos 5 dedos, nun folio en blanco, co rotulador. Colorear a man por dentro co material que teña na casa ( pode ser pincel con témpera, ou pinturas manley, ou ceras...).

- Aseo

- Despedida. Cantamos a canción con xestos:

" Saco una manita, la pongo a bailar, la abro y la cierro y la vuelvo a guardar.

Saco otra manita y la pongo a bailar, la abro y la cierro y la vuelvo a guardar.

Saco dos manitas, las pongo a bailar, las cierro, las abro y las pongo a guardar."


A titora. Carmen






domingo, 12 de septiembre de 2021

 ACTIVIDADES PARA O LUNS,DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2021

A persoa adulta pode xogar coa/s nena/s a facer de mestra e imaxinar que van ao colexio.

Favorecer a autonomía.

- Lavar as mans. Saudar.

- Recordar o nome do alumnado e da/s mestra/s.

- Sacar a mochila e a chaqueta e colgala.

- Recordarlle un par de veces se queren facer pis. Acompañar ao baño. Lavar e secar as mans.

- A persoa adulta canta a canción, con xestos, de: 

"Teño unha cariña, redondiña, dous olliños e un nariz, dúas orelliñas e unha boquiña para bicarte a ti."

- Escoitar a canción " Estrellita dónde estás ".

- Dicirlle a mensaxe de " Ti es unha estrela", mostrando a imaxe.

- Ficha da estrela ( pode buscar en imaxes en google e pinchar e cortar e pegar en word a estrela, e a persoa adulta escribirá en maiúsculas a palabra ESTRELLA; dadeslle a imprimir), para pintar co dedo coa témpera de cor amarela.

- Beber e comer se así o indica a persoa adulta e/ou segundo as necesidades.

- Conversar sobre o que nos queiran contar.

- Xogar no espazo da casiña e cos pinchos.

- Lavar as mans. Despedirse coa canción " Teño unha cariña...".




miércoles, 8 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES DO DÍA 10 DE SETEMBRO

 - As mesmas que no día de onte ( a conversa pode ser doutros temas dos que queirades falar).

- Xogar na casiña e no taller ( a atornillar e desatornillar, a por a mesa, a cociñar, a darlle de comer as bonecas,...). Conversar nestes espazos de xogo.

ACTIVIDADES DO DÍA 9 DE SETEMBRO

A persoa adulta pode xogar coa/s nena/s a facer de mestra e imaxinar que van ao colexio.

- Lavar as mans. Saudar.

- Presentación da mestra: Carmen e de Olga.

- Sacar a mochila e a chaqueta e colgala.

- Recordarlle un par de veces se queren facer pis. Acompañar ao baño. Lavar e secar as mans.

- Escoitar a canción " Estrellita dónde estás " ( podedes sentar no chan).Falar previamente se coñecedes esa canción.

- Dicirlle a mensaxe de " Ti es unha estrela", mostrando a imaxe.

- Conversar sobre como se chaman, os membros da familia, a idade que teñen, o que nos queiran contar.

- Beber e comer se así o indica a persoa adulta e/ou segundo as necesidades.

- Lavar as mans. Despedirse.



CANCIÓN: ESTRELLITA DÓNDE ESTÁS