domingo, 12 de septiembre de 2021

 ACTIVIDADES PARA O LUNS,DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2021

A persoa adulta pode xogar coa/s nena/s a facer de mestra e imaxinar que van ao colexio.

Favorecer a autonomía.

- Lavar as mans. Saudar.

- Recordar o nome do alumnado e da/s mestra/s.

- Sacar a mochila e a chaqueta e colgala.

- Recordarlle un par de veces se queren facer pis. Acompañar ao baño. Lavar e secar as mans.

- A persoa adulta canta a canción, con xestos, de: 

"Teño unha cariña, redondiña, dous olliños e un nariz, dúas orelliñas e unha boquiña para bicarte a ti."

- Escoitar a canción " Estrellita dónde estás ".

- Dicirlle a mensaxe de " Ti es unha estrela", mostrando a imaxe.

- Ficha da estrela ( pode buscar en imaxes en google e pinchar e cortar e pegar en word a estrela, e a persoa adulta escribirá en maiúsculas a palabra ESTRELLA; dadeslle a imprimir), para pintar co dedo coa témpera de cor amarela.

- Beber e comer se así o indica a persoa adulta e/ou segundo as necesidades.

- Conversar sobre o que nos queiran contar.

- Xogar no espazo da casiña e cos pinchos.

- Lavar as mans. Despedirse coa canción " Teño unha cariña...".




No hay comentarios:

Publicar un comentario