miércoles, 29 de septiembre de 2021

SIMULACRO, LUNS 04 DE OUTUBRO DE 2021


BO DÍA

- Escoitar a canción de Ola, ola, la.

(Pegamos este enlace en google e xa escoitamos)

https://www.youtube.com/watch?v=1O8iQUM_-p8 

Ao final cantar a canción co nome da nena ou do neno, e despois co nome da persoa adulta.

- Ver o vídeo  dos números do 1 ao 5( pegamos o enlace en google e vémolo)

https://www.youtube.com/watch?v=FkBEPfM4PcQ

-A persoa adulta escribe nun folio o número 1

Xogades na casa a buscar cousas, unha soa (por exemplo: un peluche, unha pelota, un rotulador, unha chaqueta, unha botella, un conto, unha boneca, un coche,...). 

Importante dicir en voz alta o que atopades: "unha pelota",...

- Aseo: lavar as mans, secar, facer un pis e/ou caca ( baixará a nena ou o neno a roupa), sentarase, ao rematar coller papel hixiénico e limparse, tirar da cisterna, subir a braga ou calzón, subir o pantalón). Lavar e secar mans.

- Coller un folio en blanco, e un rotulador e a nena ou o neno debuxará unha cara ( primeiro un círculo, despois os ollos, despois o nariz, despois a boca, despois as dúas orellas- unha a un lado e a outra ao outro, e finalmente o pelo encima da cabeza). 

- Xogar libremente ao que elixa.

- Merendar. ( Podedes xogar a que está no cole e ten que sacar todo da mochila e colocalo encima da mesa e a comer, que aproveite!!!. Hai que comer sentada ou sentado. Ao rematar recoller todo.

- Xogar: a persoa adulta di unha parte do corpo e o neno ou a nena sinala no seu corpo esa parte.

- Debuxamos o contorno da súa man, cos 5 dedos, nun folio en blanco, co rotulador. Colorear a man por dentro co material que teña na casa ( pode ser pincel con témpera, ou pinturas manley, ou ceras...).

- Aseo

- Despedida. Cantamos a canción con xestos:

" Saco una manita, la pongo a bailar, la abro y la cierro y la vuelvo a guardar.

Saco otra manita y la pongo a bailar, la abro y la cierro y la vuelvo a guardar.

Saco dos manitas, las pongo a bailar, las cierro, las abro y las pongo a guardar."


A titora. Carmen






No hay comentarios:

Publicar un comentario